
de regreso do muíño preguntamos algunha cousa sobre as vacas. na cidade os nenos teñen pouco contacto coas cousas que para l&m eran cotiás cando era pequena.
así que benito convida os peques a ver muxir as vacas. "non é como antes, que agora hai máquinas, pero é bonito igual".
á hora indicada achegámonos até as cortes de benito nós os catro e mais o primo iván.
benito e mais a súa muller (nova explicación de parentescos que eu non dou rexistrado) están xa na tarefa.
teñen unhas poucas vacas enganchadas á muxidoira e mais lévannos ver o tanque onde se vai acumulando o leite que despois virán recollerlles co camión.
no momento de traer vacas novas á máquina lévannos e laura baixa con eles para ver de preto como enganchan as pezoneras aos tetos das vacas.
despois quedamos dando voltas por aí porque van aparecendo outros personaxes da familia moi interesados en ver quen son os extraterrestres que veñen ver muxir as vacas.
cando estamos por marchar, a muller de benito vai procurar uns copos e éncheos de leite directamente da vaca. probámolo alí. laura ten as súas reticencias pero remata con bigotes da escuma do leite.
está morno e sabe realmente a leite, cousa á que xa non estamos afeitos.
antes de marchar, énchennos unha botella das de auga mineral de de litro e medio e voltamos á casa máis contentos que cucos.
aínda falta a última etapa do paseo, pero iso será cousa do próximo post.
Quinta-feira, 21 de Agosto de 2008
san ramón (5)
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)
3 comentários:
Desgraciadamente xa nada sabe ó que sabía orixinalmemte.
Agora xa nin os que vivimos na aldea sabemos a que sabe de verdade o leite.
Puxécheme os dentes longos imaxinando o sabor e os bigotes de Laura :-)
Para os nenos tivo que ser toda unha experiencia.
É bo achegarlles o campo ós cativos de cando en cando, apréndese moito. Saúdos
Enviar um comentário