Sexta-feira, 27 de Junho de 2008

raposo


já que ao raposo lhe tínhamos oferecido uma receita de galinha consideramos que para nom ofender a ninguém neste blogue deveriamos ser justos com cuspe de pita e levar-lhe um raposo á mesa mas vou ser mesmo sinceira. na procura da net descobri os meus tabús persoais e que som bastante chiquismiquis para certas coisas. quem percorrer este caminho descobrirá qual é a melhor técnica para desolhar esquios, como fazer que os saltons estejam chip e ainda que pensei que a carne de raposo sería assim como a de uma vaca fiquei fascinada com os resultados. o raposo é prato típico dos mongois e tem dúas formas de prepara-lo: na barbacoa ou em guiso. o principal problema desta carne é que transmite a triquinose e, como sabemos, o raposo nom é um animal que facilite o seu controle. para evitar isto, os mongois fazem os guisos e barbacoas a uma temperatura de 300 graus. actualmente, tam a mudar este consumo para o de cam já que lhes evita todos estes inconvintes. enfim, cuspe de pita, se quisseres experimentar nos links tens montes de formas de cozinhar este animalinho. por cá os miramentos fazem com que nos passemos ao peixe e fazamos umas cavalas com molho de soia.

ingredentes:

  • 4 cavalas
  • molho de soia
  • sementes de sésamo
  • azúcar
  • água
preparazom:

cortar a cavala em rodelas. na frigideira quentamos a soia com uma colherada de azúcar e dúas de água. fritimos, deitamos por cima o sésamo e a servir.

nota:
fica bem com um arrocinho basmati. bom fim de semana!!!!!

6 comentários:

Carilisve disse...

!Hola!
Definitivamente, me quedo con la cavalas.
Lucen mejor...

Recuerdo que cuando vivíamos en Leirado (muy cerca de Portugal), había un señor que cazaba raposas, supuestamente para que no atacaran los gallineros de aldea.

Durante casi dos años, vi cientos de pieles de raposas colgadas en frente de sus casa, creo que me daba tanta pena que les tomé cariño.

Saludos

L&M disse...

por que cazava só raposas? e o raposo? beijo

Carilisve disse...

¡Hola!
Bueno... la verdad es que creo que el señor no discriminaba sexo.
Creo que sufría aversión hacia esos animales, una especie de "raposofobia"...
Besos a granel

Cuspedepita disse...

Moitas grazas !!
Eu creo que non te�o moitos tab�s sobre os alimentos, a mi�a curiosidade pode m�is ;-)
A verdade � que, como as pitas somos omn�voras, xa com�n raposo(ou raposa) unha vez fai anos, nun lugar dos Ancares.
Estaba bo, moi ben coci�ado, e m�is que nada era aquelo de probar algo que nunca antes comeramos ning�n dos que estabamos � mesa (unha reuni�n moi variopinta, por certo)
A carne fora analisada, as� que ti�amos a seguridade de que non iamos contraer ningunha enfermidade, pero a�nda as� houbo quen non quixo probar.
O que lembro con moita claridade eran os ladridos dos cans da aldea, que se xuntaron todos arredor da casa...co�cese que o seu olfato non deixou de reco�ecer o cheiro do raposo nin despois de adobado e coci�ado.

Chousa da Alcandra disse...

O 16 de decembro pasado propuxen un prato no meu blogue que non tivo moita aceptación. Supoño que na Mongolia non teño moitos seguidores; que se non...poidera gustarlles!

Con respecto á tua proposta, eu quédome coa galiña guisadiña!!!

O Raposo disse...

Cociñar raposos que non lles facemos mal a ninguén! Somentes comemos algunha galíña de cando en vez pero non por pracer senon por necesidade, para sobrevivir e ir tirando.
Criminais, que sodes todos uns criminais!!!